Mugen Motorsports

Mugen Motorsports

Editar o valor en Wikidata
Fundación1973
LocalizaciónPrefectura de Saitama, Xapón
FundadorHirotoshi Honda e Masao Kimura
IndustriaAutomóbil
ProdutosMotores de F1
Na rede
http://www.mugen-power.com/
editar datos en Wikidata ]

Mugen Motorsports (M-TEC Co., Ltd) (無限) é unha compañía xaponesa fundada en 1973 por Hirotoshi Honda, o fillo do fundador de Honda Motor Company Soichiro Honda, e Masao Kimura. Mugen, que significa "Sen Límite", "Ilimitado" ou "Vasto", (por iso é polo que comunmente a palabra "Power (Potencia)" se coloca despois, o que denota "Potencia Ilimitada") é un fabricante de pezas e tuneador de motores que fabrica pezas OEM (pezas de equipamento de orixe, Original equipment manufacturer), como kits de carrozaría e escapes deportivos para Honda Motor Company. Malia as conexións familiares, con todo, Mugen non é, e nunca foi, propiedade de Honda Motor Company. O propietario de Mugen, Hirotoshi Honda, foi o principal accionista de Honda desde a morte do seu pai en 1991.

A compañía tunea e compite con vehículos Honda no campionato Super GT, e, adicionalmente, vende repostos no mercado de accesorios a entusiastas afeccionados. Foi parte das alianzas que gañaron o campionato Formula 3000 en 1990 e 1991, e que eventualmente levou á participación de Mugen na Fórmula 1, de 1992 a 2000, e ata 2005 foi o fornecedor exclusivo de motores na Formula Nippon.


Developed by StudentB